Friday, December 21, 2007

Non sei como agradecerllo!

Polas políticas a favor da SGAE, da Igrexa, das asociacións “Provida” (en contra do aborto libre), por non aceptar siquera a discusión da eutanasia, por seguir coa mesma televisión (de mer**), por todo o que non fixo madalegna polo AVE galego, por todo o que fixo en Catalunya polo AVE (e polas cercanias)…por todo o que non fixo nos demáis sitios da plural e democrática España, no que o fiscal do Estado persigue a uns humoristas por unha caricatura, ou a uns cidadáns por desprezar á un Borbón -mentras permite que as cadeas de televisión desprezen ao público- …por iso e quizais moito máis…(Navarra tería que lembrar a venda a UPN dun “goberno de progreso”) 

(imaxe de internautas.org)

Perdón a todos aqueles que, sendo socialistas se poidan sentir desamparados, perdón por que pensades que somos uns desagradecidos, porque non valoramos a saida das tropas do Iraque,  mais,  catro anos non só unha medida. Catro anos son para mellorar a sanidade e as listas de espera, o ensino público (que non concertado ou privado), catro anos dan moito máis que tentar falar coa ETA (estou dacordo que neste tema fíxechedes todo o posible).

De que sirve todo o bo, si o malo pesa máis? De que sirve ter unha oposición pola dereita impresentable, ou tela pola esquerda que se plega aos vosos acordos?

Lembrarei todo isto o 9 de marzo, lembrarei que grazas ao voto de IU, CHA… e a abstención do BNG (entre outros perpetradores) , o   20 de decembro de 2007 aprobouse polo Parlamento español o establecemento dun novo imposto revolucionario, o diezmo da SGAE,AISGE,EGEDA…a taxa cobrada para beneficio privado; no que unha persoa de ben paga na compra dun CD de *amoncín, volta a pagar cando compra un CD virxe para copiar as fotos da viaxe, volta a pagar por pasalas ao pendrive, e volta a pagalas cando as imprime na impresora.

Como dícian os Burning máis ou menos …esto es un atraco nena…y lo pasarás fatal!

Posted by Mondoxíbaro in 09:32:43 | Permalink | Comments (2)

Wednesday, December 19, 2007

Estamos vendidos

Curiosa sensación que soportamos estos días. Temos a completa seguridade que se esta a cometer un atraco, e non somos capaces de vomitar unha indignada reacción na rúa. A nós, que se nos acusou de mudar un posible goberno en 48 horas, non somos capaces del “pásao” para organizarnos contra o canon.

Si polo menos isto, fora a adaptación sensata, previsible,e fria do noso voto primaveral, estaría contento.
 

Hip Hip Violin And DJ (Banda sonora deste post)

Pola nosa parte, dicir NON AO CANON, é dicir non a un feudalismo acusatorio dunha empresa privada.

Posted by Mondoxíbaro in 08:53:14 | Permalink | No Comments »

Wednesday, December 12, 2007

A Carlos, a “El Jueves”, á liberdade e ao respecto.

Un español, aínda que a nacionalidade é o de menos, morreu a mans dun soldado do exército español. (ese soldado é un fascista amante dos símbolos perennes da patria) Ese mozo chamado Carlos, loitaba pola liberdade, e reclamaba un estado onde se respetaran os dereitos das persoas. Do mesmo xeito, unha revista é condenada por facer uso dun elemento esencial nun estado de dereito, como é a crítica ou a sátira das medidas ou decisións dos que gobernan. Isaac Díaz pardo é despoxado do Instituto galego de Información, polos socios capitalistas de sargadelos, coa adquiesciencia dunha poetisa que ameaza aos aduaneiros sen fronteiras, por facer crítica da sua cambiante posición (a cambio dos cartos). Leo Bassi, e a Federación Internacional de Ateos son silenciados en Toledo, por culpa dun alcalde socialista e católico. (Son os peores, baste lembrar a Paco Vázquez cos seus excesos).

O panorama de liberdades como vemos non é moi alentador. Sirva o que sigue, de recordatorio ou testemuño do que costa conquerir as liberdades.

alt : http://www.youtube.com/v/wt4v9Zg2unU&rel=1

Posted by Mondoxíbaro in 09:44:47 | Permalink | No Comments »

Wednesday, December 5, 2007

Contentos…

Contento. Por formar parte dunha sociedade.
Contento…por escoitar a esa sociedade nunha manifestación contra ETA…maricón! Contento por formar parte dunha sociedade de misa dominical, penúltimos en educación, sen saber case ler, nin ter intención de ler máis. Do mesmo xeito, contento, porque somos os europeos menos interesados na información política; porque nos interesan máis os cotilleos e temas lixeiros con nos gratifican desde a televisión pública a maioria das televisións privadas. Contentísimo, porque pechan cines, e porque a xente vai menos aos teatros. Tamén, porque a xente compra menos música, claro que non me estrana aos prezos que van e os soldos que se estilan.
Por último estou moi contento coa burbulla inmobiliaria, os soldos míseros, a oposición de rajoy…a corrupción municipal,e sobre todo de eses señores e señoras que amosan cada día, que a transición, -ese perdón duns aos outros- non serviu para nada porque era pura patraña.
Posted by Mondoxíbaro in 08:43:28 | Permalink | No Comments »