Friday, December 21, 2007

Non sei como agradecerllo!

Polas políticas a favor da SGAE, da Igrexa, das asociacións “Provida” (en contra do aborto libre), por non aceptar siquera a discusión da eutanasia, por seguir coa mesma televisión (de mer**), por todo o que non fixo madalegna polo AVE galego, por todo o que fixo en Catalunya polo AVE (e polas cercanias)…por todo o que non fixo nos demáis sitios da plural e democrática España, no que o fiscal do Estado persigue a uns humoristas por unha caricatura, ou a uns cidadáns por desprezar á un Borbón -mentras permite que as cadeas de televisión desprezen ao público- …por iso e quizais moito máis…(Navarra tería que lembrar a venda a UPN dun “goberno de progreso”) 

(imaxe de internautas.org)

Perdón a todos aqueles que, sendo socialistas se poidan sentir desamparados, perdón por que pensades que somos uns desagradecidos, porque non valoramos a saida das tropas do Iraque,  mais,  catro anos non só unha medida. Catro anos son para mellorar a sanidade e as listas de espera, o ensino público (que non concertado ou privado), catro anos dan moito máis que tentar falar coa ETA (estou dacordo que neste tema fíxechedes todo o posible).

De que sirve todo o bo, si o malo pesa máis? De que sirve ter unha oposición pola dereita impresentable, ou tela pola esquerda que se plega aos vosos acordos?

Lembrarei todo isto o 9 de marzo, lembrarei que grazas ao voto de IU, CHA… e a abstención do BNG (entre outros perpetradores) , o   20 de decembro de 2007 aprobouse polo Parlamento español o establecemento dun novo imposto revolucionario, o diezmo da SGAE,AISGE,EGEDA…a taxa cobrada para beneficio privado; no que unha persoa de ben paga na compra dun CD de *amoncín, volta a pagar cando compra un CD virxe para copiar as fotos da viaxe, volta a pagar por pasalas ao pendrive, e volta a pagalas cando as imprime na impresora.

Como dícian os Burning máis ou menos …esto es un atraco nena…y lo pasarás fatal!

Posted by Mondoxíbaro in 09:32:43
Comments

2 Responses

  1. Anonymous says:

    Entón ti es dos de que intentará que goberne o PP absténdote, non si?
    Está claro que non sabes valorar todo o que fixeron os socialistas. Nin falas da lei de dependenza, nin da lei de desenvolvemento rural, nin de moitas outras cousas… Gracias a xente coma ti que non sabe valorar o importante e só se queda co miudo pode volver a gobernar o PP, e a ti semella que che gusta máis, porque como agora eles están en contra do canon dixital (como te enganan)

  2. Pepe says:

    Sen ánimo de polemizar, a mi semella que o autor significáse que fixeron ben pouco. Eu tamén estou de acordo, quizais vote a esquerda, pero por o simple feito para que non gañen o PP (pareceme un pouco triste) non si?

Leave a Reply