Tempo de espera
Un vagabundo, (agora sen teito ou homeless), apura o seu quinto sono nun refuxio que lle proporciona o rincón de duas fachadas. Á súa dereita ten un carriño de supermercado onde amontona con desorden os seus enseres, asomando por enriba deles a cabeciña dun cachorro. E aos seus pés o eixo desta historia… un patético e indefenso chucho que, perfecto coñecedor da situación, vela o durmir dos dous utilizando a única arma da que dispón… a mirada, unha mirada que deixa cruzar con quen transita, para non pedirlle nada, só respecto e silencio.
Tempo de espera, dunha casa, do silencio, dunha vida mellor. Tempo que sobrepasa as axudas milagreiras que alcanzan só ata os trinta anos. Despois disto, só queda, un can, o silencio e unha mirada ao horizonte.
Visto nun comentario de webalia
Posted by
at
09:36:06